Skip to main content
Viveiro

O DéporCampus volverá este ano a realizarse en Viveiro

Por 16 Xuño, 2021Sin comentarios

O DéporCampus Cabreiroá, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña, volverá este ano a realizarse en Viveiro. 

Así, o municipio acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia. 

Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio

O Concello de Viveiro celebra que a actividade volva un ano máis á localidade, tras as restricións da pandemia, xa que permite aumentar a oferta deportiva do municipio apostando á vez polo deporte para os máis cativos e cativas. 

A organización habilitou o seguinte enderezo electrónico para consultar calquera dúbida relacionada coa actividade: deporcampus@rcdeportivo.es