Skip to main content
Xove

ConectaVerán de Xove oferta actividades para todas as idades

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove enviará aos fogares do municipio o folleto ConectaVerán coa oferta de actividades para este verán 2021.

Haberá actividades como Xove Concilia Verán, que será dende o 24 de xuño ao 7 de setembro, para nenos de 4º de infantil a 4 de primaria, e o prazo de inscrición remata o 21 de xuño.

Conecta co Voluntariado será unha actividade que se desenvolverá durante xullo e agosto para rapaces de 10 a 16 anos, e cuxo prazo de inscrición remata o 28 de xuño; e Educación familiar: exercicios de memoria para maiores de 60 anos, cuxo prazo de inscrición remata o 29 de xuño.

Para formalizar as inscricións e solicitar información haberá que acudir á OMIX de Xove ou chamar por teléfono ao 982 571 816, ou na dirección electrónica: oix@xove.es.