Skip to main content
Axenda Caducada

A casa da cultura do Vicedo acolle a presentación do libro de Hixinio Puentes

Por 11 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

Mañá sábado 12 de xuño ás 12 horas terá lugar a presentación do libro Sucesos marítimos do Porto do Vicedo de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en
común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo.

O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19, lembramos que o aforo será limitado.