Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes acollerá en agosto unha concentración de rugby internacional

Por 27 Xuño, 2021Sin comentarios

O lago das Pontes acollerá entre os días 6 e 8 de agosto as series españolas Beach Rugby 5, que reunirán na vila ao máis representativo deste deporte a nivel internacional, con equipos femininos e masculinos de diferentes países. Trátase da primeira edición deste encontro, organizado polo club local Fendetestas

A inscrición xa está aberta e terá un custe de 200 euros para equipos nacionais e 300 para estranxeiros compostos nos dous casos de 12 xogadores máis 2 membros do staff. Admitiranse acompañantes a 10 euros por persoa.

A sesión dará comezo o venres cunha festa de benvida para iniciar a competición propiamente dita o sábado a partir das 9.30 horas e ata as 21.00. A programación completarase con exhibición de mixed ability rygby, xogos infantís, photocoll e zona Village Partners.

A concentración contará con zona de acampada, bar e restaurante, streaming en directo, música ambiente e Tercer Tempo con concertos.