Skip to main content
Axenda Caducada

Cine ao aire libre en Begonte este luns

Por 26 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte organiza unha noite cine ao aire libre este luns, 28 de xuño coa proxección da película Herself (Volver a empezar).

A proxección terá lugar no club fluvial de Begonte e a entrada será de balde e dará comezo ás 22.30 horas.

Esta actividade enmárcase tamén dentro das actividades organizadas polo San Pedro, xa que non haberá festas propiamente ditas.