Skip to main content
Axenda Caducada

Friol acolle o sábado unha charla sobre dano cerebral

Por 28 Xuño, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

O salón de actos do Centro Sociocultural de Friol acollerá estes sábado, 3 de xullo, unha charla sobre dano cerebral, a partir das 10.30 horas.

A ponencia, leva por título Pódese previr o dano cerebral? e nela a traballadora social de Fegadace, Carla Miranda, estará en Friol para falar sobre prevención do dano cerebral adquirido.

Dirixida especialmente a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

Esta charla inclúese dentro de Camiñando polo dano cerebral, un proxecto impulsado por Fegadace no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.