Skip to main content
Axenda Caducada

ACEA Meira recupera o día 18 a Festa dos Coches

Por 30 Xuño, 2021Xullo 18th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos (Acea) de Meira, en colaboración co Concello, recupera para o próximo 18 de xullo a Festa dos Coches polo San Cristovo.

Esta festa non só foi suspendida pola pandemia, xa levaba varios anos, concretamente dende 1969, sen celebrarse pero decidiron retomala nesta ocasión para dárlle un impulso á hostalaría e o comercio local, a iniciativa da parroquia de Santa María de Meira e como unha forma de facer un festexo evitando o contacto entre persoas.

O programa da Festa arrincará ás 12.00 horas cun pasarrúas e ás 13.30 está previsto que se inicie a bendición de vehículos. Durante todo a mañá haberá máis pasarrúas e música que rematarán ás 15.30 horas, cando se fará un sorteo de 300 euros e a entrega de premios.

Entre os premios figuran tres vales de 150, 100 e 50 euros para gastar nos negocios que son socios da Acea.