Skip to main content
Axenda Caducada

O 10 de xuño preséntanse as xornadas sobre alternativas ás residencias

Por 2 Xuño, 2021Xuño 10th, 2021Sin comentarios

Dende o Movemento polo Dereito á Vivenda presentan unhas xornadas sobre alternativas ás residencias para as persoas maiores. O evento levarase a cabo no salón de actos da Deputación de Lugo o vindeiro 10 de xuño de 16:00 horas a 20:00 horas, aproximadamente.

Dende o Movemento defenden que “as persoas maiores teñen o dereito de goce a unha vivenda e a un fogar adecuado as súas características. O problema das alternativas residenciais vén de lonxe. Agora coa situación de pandemia fíxose evidente que estas non garanten o benestar das persoas e moito menos a seguridade”.

O programa está composto por diferentes intervencións realizadas por Patricia López, presidenta do Movemento, Estela Martínez, representante do colexio de traballo social, Raimundo Mateos, psiquiatra no Sergas e profesor da Usc e Sagrario  Fernández, traballadora social de saúde; entre outros/as.

O aforo é limitado polo que se pide previa reserva no correo cultura@deputacionlugo.gal ou dereitoavivenda@gmail.com.