Skip to main content
Axenda Caducada

Felpeto presenta o seu libro en Vilalba

Por 3 Xuño, 2021Xuño 4th, 2021Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro O pau de ferro, de Xosé Manuel Felpeto Carballeira, que terá lugar na casa da cultura de Vilalba mañá venres 4 de xuño, ás 20:00 horas.

Intervirá no acto o autor do libro Xosé Manuel Felpeto, que será presentado pola presidenta do Iescha, Marisa Barreiro. A entrada será de balde e teresanse en conta as medidas sanitarias derivadas da covid-19.

Xosé Manuel Felpeto, un home nacido, criado e amante de Cabreiros, é unha persoa moi coñecida na vila que o viu nacer xa hai uns cantos anos, leva máis de 20 presidindo a asociación de veciños e é culpable dunha gran parte da actividade cultural da contorna. Amante das letras, ten moita tradición na escritura, á que se achegou dende sempre, decidiu apostar pola novela. A idea levaba tempo rondando pola súa cabeza e finalmente decidiu rematar o proxecto e dar o salto final buscando un editor.