Skip to main content
Axenda Caducada

Música en directo este sábado na feira da Pastoriza

Por 3 Xuño, 2021Xuño 5th, 2021Sin comentarios

Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza continuará por segundo mes consecutivo coa celebración da súa feira mensual, que ten lugar o primeiro sábado de cada mes.

Así, este día 5 volverá celebrarse a Feira. Haberá comercio de calzado, roupa, produtos para o campo, churrería, peixe fresco, etc, ademais de polbo para comer alí ou para levar para a casa.

Para animar a sesión contarán coa actuación de Bloco Afro-Brasileiro Batband, a partir das 12.30 horas.

A organización lembra que en todo momento deberán cumprirse as normas sanitarias.