Skip to main content
Axenda Caducada

Este domingo será a II Regata Copa Deputación de Piragüismo de Ribadeo

Por 4 Xuño, 2021Xuño 6th, 2021Sin comentarios

Este próximo domingo 6 de xuño volve o piragüismo de base a Ribadeo da man da Copa Deputación de Lugo, regata que este ano será ademáis Campeonato Provincial. E será ás 15.30 horas na ría de Ribadeo da Vilavella.

Todas aquelas persoas que se queiran achegar a vela, que eviten no posible o paso polas instalacións da Vilavella para evitar o contacto cos deportistas. Poden achegarse a vela a través da praia dos Bloques, ou dende o outro lado da Vilavella, no paseo que vai cara as Aceas.