Skip to main content
Axenda Caducada

Os Aturuxeiros de Bravos inspeccionarán parte do río

Por 9 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

Os Aturuxeiros de Bravos programan unha saída ao río, enmarcada no Proxecto Ríos da asociación ecoloxista de Galicia Adega, no que van inspeccionar o cauce do Bravos á altura da Ponte de Betanzos.

A saída será ás 10.30 horas do local social de Bravos e dende a organización lembran que haberá que levar algo de picar ou para xantar para repoñer forzas.