Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba acolle o sábado a proxección do filme Nación

Por 7 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, continuando co seu compromiso de poñer en valor as producións cinematográficas galegas, ten programado para o sábado 12 de xuño de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película Nación, da directora chairega Margarita Ledo Andión.

O acto dará comezo ás 19:00 horas coa presentación da película por parte da propia directora para proseguir a continuación coa proxección da mesma.

A sipnose do filme arrinca na fábrica de louza Pontesa que pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentencia sobre a reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o sı́mbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A., manteñen viva a reivindicación dos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desenrólase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.

A entrada será de balde, pero por motivos de control de aforo haberá que realizar a correspondente reserva na web do Concello ou directamente na casa da cultura.