Skip to main content
Axenda Caducada

Xornada de portas abertas no Conservatorio das Pontes

Por 7 Xuño, 2021Xuño 10th, 2021Sin comentarios

Cerimonia de graduación no conservatorio de música das Pontes

O Conservatorio Profesional de Música do Concello das Pontes celebra, dende hoxe e ata o 10 de xuño, de 17:30 a 19:00 horas, unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o centro.

Tania Pardo, responsable da área de Educación do Concello das Pontes apunta que “se trata dunha boa oportunidade para coñecer, en primeira persoa, como é unha clase de música, como é un ensaio ou como se ensina a tocar un instrumento así como a extensa oferta académica do conservatorio a través do contacto directo co profesorado”

O obxectivo desta iniciativa é mostrar as instalacións, o funcionamento do centro, o claustro de profesorado así como as diferentes especialidades musicais que imparte o Conservatorio Profesional das Pontes a todas aquelas persoas interesadas en inscribirse no curso 2021-2022.

Tamén se facilitará información sobre a proba de acceso, o período de presinscrición e a matrícula así como calquera outro tipo de información que poida resultar de interese para as persoas asistentes a esta xornada.

Prazo preinscrición Grao Elemental

Desde o Conservatorio lembran que xa está aberto o prazo de inscrición á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental para o curso 2021-2022 para o que é indispensable elixir unha especialidade instrumental entre as quince que ofrece o centro.

A proba de acceso desenvolverase o día 21 de xuño e nela avaliaranse as aptitudes rítmicas, vocais, auditivas e psicomotrices do alumando aspirante. A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario  https://cutt.ly/6nQp5So ou no teléfono 667 129 354.

Cerimonia de graduación

Por outra banda, 17 nenos e nenas do Grado Elemental e 6 rapaces e rapazas do Grado Profesional do Conservatorio Profesional de Música das Pontes celebraron a súa Cerimonia de Graduación.

Unha tarde de moitas emociós que poñen fin a unha etapa da súa formación musical e que marca o punto de inicio dunha nova, esperamos que chea de tantas aprendizaxes, ilusión, dedicación e esforzo como a que deixan atrás.