Skip to main content
Axenda Caducada

O Cenima de Foz acolle a versión itinerante de Amar a mar

Por 7 Xuño, 2021Xuño 8th, 2021Sin comentarios

O vindeiro martes día 8, ás 11:00 horas, terá lugar no Cenima de Foz a presentación versión itinerante do proxecto Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas, mostra que actualmente pode verse aínda no Museo Provincial de Lugo.

Este proxecto, encadrado no 50 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo), é produto dun traballo en comunidade, feito en rede cos concellos da Mariña, o tecido asociativo e o eido educativo. Está mostra itinerante esta formada por varias exposicións.

A primeira, pretende ser un espazo de visualización e recoñecemento das mulleres da Mariña. A segunda, baixo o título de Derivas, é unha mostra fotográfica de Ignacio Castro, Nachok, e consiste nun retrato sensorial da Mariña, dende os pensamentos e sentimentos que o mar provoca na vida daqueles que nela viven. A terceira, dedicada ao medio mariño, é unha representación da bíodiversidade a través dunha colección de malacoloxía e algas.