Skip to main content
Axenda Caducada

A obra Por un puñado de grelos, estará mañá no Valadouro

Por 11 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de actos da casa da cultura dentro do programa Ciclo Gargalladas da Deputación de Lugo o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.

A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Rio Torto por unha beira e Xustas Town pola outra. Coméntase en Xustas Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.