Skip to main content

Por Breixo González

A cría de coello para carne é, hoxe habitual pola nosa zona, a súa carne é moi magra facéndoa  ideal para as dietas hipocaloricas e son unha fonte de proteína de moi boa calidade e fainos ideais no concepto  de vida da autosuficiencia.

Pero os coellos son un animal que se non se ten en conta certas peculiaridades en torno a súa cría e da lugar a escoitar moitas veces frases como “ non son capaz de criar coellos, ou sempre me morren”.

Primeiro debemos que ter en conta a peculiaridade de que a diferencia dos ruminantes (vacas, ovellas, cabras…) que teñen un estómago composto que saca  tódolos nutrientes mediante diversas fases de dixestión e reprocesado da materia vexetal mediante a rumia. Os coellos realizan a fermentación da materia vexetal no cego. Esta fermentación non é tan efectiva como as dos ruminantes asi que para intentar mellorar o aproveitamento  da materia vexetal , os coellos recorren a cecotrofia que consiste en:

O animal inxire a materia vexetal, con axuda dos seus incisivos, triturado co seus molares , pasa plo estómago glandular similar o noso e logo pasa o cego, no que grazas a bacterias prodúcese unha fermentación e logo pasa o intestino groso onde se absorben os nutrientes , e logo defécanse.

Esas feces chámanse cecotrofos e nunca os vemos xa que son inxeridos  directamente dende o ano, o reinxerir os cecotrofos ,volvese a  a facer a dixestión dos mesmos e aproveitase moito mellor, extraendo vitaminas e outros nutrientes semidixeridos. E así vemos as feces finais  que son duras e secas e practicamente son só fibra vexetal indixestible. Esta forma de dixestión , fainos moi efectivos aproveitando alimentos moi básicos como a herba seca.

Os coellos poden comer calque material vexetal, sempre hai que ter en conta que non debe haber un exceso de humidade polo que é ideal que cando apañemos herba, verzas e demais para darlles de comer, debemos deixalas unhas horas  para que perdan  parte da humidade. Tamén poden inxerir graos de cereal pero tamén debemos sempre suplementalo con fibra (herba seca, palla) para qu poidan realizar a cecotrofia e non haxa problemas dixestivos .

A auga sempre debe esta ad libitum (sempre dispoñible) e ser de boa calidade.

Xeralmente criase en gaiolas, pero eso da moitos problemas de feridas nas patas e de benestar animal, o ideal é que estean no chan, con un medio seco (a humidade facilita a presencia de coccidios e logo de diarreas) e que poidan ter sitio para agocharse a escuras e que as femias poidan criar.