Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumentan os contaxios e cae a hospitalización na estrea de restricións

Por 12 Xuño, 2021Xuño 13th, 2021Sin comentarios

Xa van cinco días consecutivos nos que o número de casos activos de covid na provincia mantense en 208 malia que os novos contaxios aumentaron e a hospitalización cae.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 1219casos novos (onte foron 12). As altas chegaron ás 12.593, 19 en 24 horas, cando onte foron 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.022 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula pero hai 2 nas diferentes plantas (2 menos), as dúas no Hula xa que os hospitais de Burela e Monforte quedan libres de covid.

Os cambios de restricións por concellos quedarán dende hoxe do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A incidencia baixa na maioría de concellos, agás en Lugo capital. Nos pequenos só Triacastela mantén a incidencia moi elevada. Xove e Viveiro baixan a niveis normais malia seguir en alerta media.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 18 contaxios (3 menos).
  • No Vicedo comeza a baixar a incidencia coas altas e seguen por debaixo de 10 positivos.
  • Xove xa está con incidencia baixa, ao igual que Burela.
  • Foz, Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.

Terra Chá

  • Vilalba volve a ter dez contaxiados.
  • Friol ten casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios e reduce a incidencia bruscamente polas altas.
  • Cospeito, Meira e Abadín non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol,Guitiriz, As Pontes e Begonte.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben 7 ata 76.
  • Palas e o Corgo levan xa unha semana sen casos novos.
  • Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria e Paradela teñen casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón. Únese Quiroga.