Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo descenso de casos activos de covid

Por 15 Xuño, 2021Xuño 16th, 2021Sin comentarios

Continúa a recuperación da provincia cun novo descenso de casos activos de covid. Este martes hai 188 casos, 11 menos que onte, cando na xornada anterior o descenso foi de 17.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 4). As altas chegaron ás 12.636, 14 en 24 horas, cando onte foron 21.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.045 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria baixa un pouco, con 5 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI (1 menos) e catro en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A covid segue eliminándose dos concellos, agora só quedan 13 con casos e o virus continúa remitindo naqueles nos que está presente.

A Mariña

  • Viveiro cae por debaixo dos dez casos acomulados en 15 días e certifica unha semana sen contaxios.
  • Burela e Xove xa están con incidencia baixa e menos de dez casos.
  • Cervo e Alfoz e O Vicedo están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo e Foz. Únense Ribadeo e O Valadouro.

Terra Chá

  • Vilalba, Friol, Abadín e As Pontes teñen casos pero con baixa incidencia. Únese de novo Begonte,
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios pero leva unha semana sen casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol, Guitiriz, Cospeito e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo sobe de novo 1 ata 82.
  • O Corgo e Palas levan xa unha semana sen casos novos.
  • Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 caso ata 15 pero mantén a incidencia baixa.
  • Paradela teñen casos pero con moi baixa incidencia e menos de dez.
  • Triacastela suma unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada leva xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.