Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia xa non ten concellos con restricións

Por 16 Xuño, 2021Xuño 17th, 2021Sin comentarios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza semanal retirara o nivel medio de restricións para os concellos de Viveiro e Xove polo que xa no quedara ningún con restricións na provincia.

De feito só quedarán en toda Galicia tres concellos con restricións medias: Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior.

Estas medidas entrarán en vigor ás 0.00 horas do sábado 19 de xuño.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito ata o sábado:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

OS DATOS DE HOXE

Continúa a recuperación da provincia cun novo descenso de casos activos de covid. Este mércores hai 175 casos, 13 menos que onte, cando na xornada anterior o descenso foi de 11.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte tamén foron 7). As altas chegaron ás 12.654, 18 en 24 horas, cando onte foron 14.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.050 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense con 5 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e catro en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

POR COMARCAS

A covid segue eliminándose dos concellos, agora só quedan 13 con casos e o virus continúa remitindo naqueles nos que está presente.

A Mariña

  • Burela e Xove xa están con incidencia baixa e menos de dez casos.
  • Cervo, Alfoz, O Vicedo e Viveiro están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro.

Terra Chá

  • Vilalba, Friol, Abadín, As Pontes e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei baixa a 10 contaxios (1 menos) pero leva unha semana sen casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol, Guitiriz, Cospeito e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo sobe de novo 1 ata 83.
  • O Corgo e Palas levan xa unha semana sen casos novos.
  • Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria mantense en 15 casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Paradela ten casos pero con moi baixa incidencia e menos de dez.
  • Triacastela suma unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte ten casos pero con incidencia leve.
  • Chantada leva xa unha semana sen positivos. Únese Taboada.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.