Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumenta a presenza do virus na cidade de Lugo e en Castroverde

Por 17 Xuño, 2021Xuño 18th, 2021Sin comentarios

Tras dous días de baixada de casos pronunciada prodúxose hoxe unha leve subida, con dous casos máis debido ao aumento de casos novos. Este xoves hai 177 casos, cando na xornada anterior o descenso foi de 13.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 7). As altas chegaron ás 12.670, 16 en 24 horas, cando onte foron 18.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.050 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria descende con 3 persoas ingresadas no Hula (2 menos), 1 na UCI e dúas en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito ata o sábado:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Coa covid controlada na practica totalidade dos concellos, preocupa a situación en Castroverde, onde subiu subitamente a incidencia e en Lugo, onde o virus segue crecendo, nesta xornada en maior medida.

A Mariña

  • Xove xa están con incidencia baixa e menos de dez casos. Foz volve ter algún positivo.
  • Alfoz, O Vicedo e Viveiro están sen casos na última semana. Únese Burela.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e O Valadouro. Únese Cervo.

Terra Chá

  • Vilalba, Abadín, As Pontes e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia. Cospeito volve ter algún positivo.
  • Outeiro de Rei leva unha semana sen casos. Únese Friol.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol, Guitiriz e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo sobe de novo 6 contaxios ata 89.
  • Sobe a incidencia en Castroverde a valores de alerta alta.
  • Palas volve ter casos pero con baixa incidencia.
  • O Corgo leva xa unha semana sen casos novos. Únese Portomarín.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria baixa a 13 casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Paradela ten casos pero con moi baixa incidencia e menos de dez.
  • Triacastela suma unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte ten casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso do Courel volve ter algún caso.
  • Chantada e Taboada levan xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.