Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae a hospitalización pero os casos activos seguen subindo

Por 24 Xuño, 2021Sin comentarios

A escaseza de altas volve provocar un novo aumento de casos activos de covid na provincia, que está moi extendida polos concellos da Terra Chá e case ausente na zona Sur.

Hoxe son 9 casos máis ata chegar aos 173, cando onte o aumento foi de 3.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 8). As altas chegaron ás 12.745, 6 en 24 horas, cando o día anterior foron 4.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.139 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae ata 3 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e dúas en planta (2 menos). Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

A provincia terá a partir do sábado ao concello de Castroverde en alerta media.

POR COMARCAS

A situación continúa igual que a xornada anterior con cambio mínimos e una incidencia similar á de onte.

A Mariña

  • O Vicedo mantén unha incidencia alta.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Cervo, A Pontenova, Trabada e Burela.
  • Xove está sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz e Viveiro.

Terra Chá

  • Vilalba, Cospeito, Friol, Guitiriz, A Pastoriza, Pol, Meira e Castro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Abadín, Begonte e As Pontes levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade e Outeiro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo reduce ata 77 (1 menos).
  • Castroverde mantén altos os valores de incidencia con 12 positivos e entrará o sábado en alerta media.
  • Portomarín segue cunha incidencia moi elevada.
  • Palas, Monterroso, O Corgo e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma un positivo máis e xa son 13 os casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Láncara tamén ten casos e con baixa incidencia.
  • Paradela levan unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Triacastela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Taboada e Quiroga volven ter casos pero con baixa incidencia.
  • Monforte levan xa unha semana sen positivos. Únese Folgoso do Courel.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Chantada.