Skip to main content
Lugo

Ampla manifestación do persoal laboral de Ingapan no Ceao

Por 19 Xuño, 2021Xuño 21st, 2021Sin comentarios

Os traballadores e traballadoras de Ingapan realizaron unha ampla manifestación diante da sede social da empresa no Ceao. A concentración comezou ás 11 horas e convocouse dende a Cig de Lugo.

A Confederación defendeu que a finalidade desta concentración é trasladarlle á empresa galega o malestar do persoal, afectado polas modificacións unilaterias que impón constantemente a empresa dende o cambio de titularidade e que son un ataque ás melloras e condicións da totalidade da plantilla.

Por iso, consideran fundamental actuacións coma estas nas que se fai un chamamento a todo o persoal de Ingapan para axudar ó comité e o conxunto do persoal para traballar na mellora da empresa e evitar diferenzas.