Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED de Lugo inscribiuse no Rexistro da pegada de carbono do Miteco

Por 5 Xuño, 2021Sin comentarios

O Centro Asociado, como mostra do seu compromiso co medio ambiente, inscribiuse no Rexistro da pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Pasa así a formar parte dunha lista de organizacións comprometidas coa loita contra o cambio climático, presentes na páxina web do citado Ministerio, na que se publican, ademais de datos básicos acerca da organización, información sobre as emisións da entidade.