Skip to main content
Antas de Ulla

O PSOE de Antas demanda regular o uso das instalacións deportivas

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

Os socialistas de Antas de Ulla acusan de “desidia e despotismo a Javier Varela polo seu comportamento abusivo, utilizando o cargo de alcalde e a autoridade que lle confire en beneficio propio, cambiando as datas de celebración dos plenos ao seu gusto e necesidades, e non restando os prazos de celebración da xunta de goberno local”. Así o dixeron tras coñecer a convocatoria do vindeiro pleno ordinario, para que o tiñan rexistradas dúas mocións que finalmente que non están incluídas na Orde do Día desta convocatoria.

Advirten que “se trata e dunha falla de respecto aos veciños e veciñas que democraticamente elixiron aos seus representantes municipais. Dende o noso punto de vista esta actitude responde ao temor que ten de enfrontarse aos problemas reais da veciñanza e á incapacidade para solventalos”. 

Dende a Agrupación Socialista de Antas de Ulla demandan ao Concello “regular o uso das piscinas e das instalacións deportivas municipais, coa que reclaman que se impulse unha ordenanza municipal e que se prioricen as melloras no pavillón polideportivo”. E na outra moción rexistrada solicitan ao alcalde, como membro do Consello Escolar, “que atenda as demandas da Escola Infantil co fin de mellorar este espazo educativo, “ou ben realizando unha mellora integral ou optar por trasladala a un local máis axeitado”.

Ademais, para debater nesta mesma sesión plenaria presentaron un rogo co fin de que execute na súa totalidade, e con carácter inmediato, “as obras previstas con cargo ao Plan Único Provincial e ao Plan Marco autonómico”. Argumentan que o rogo está motivado porque os prazos de execución nalgunha destas actuacións están a piques de rematar, “concretamente no caso do Plan Marco do ano 2021 remata o 10 de setembro do 2021, e no Plan Único da Deputación de Lugo do ano 2020, o prazo remata o 30 de setembro do 2021”, replican.

Casa en Santa Mariña e presentación das Contas Municipais

A maiores os socialistas engadiron dúas preguntas, “a primeira sobre unha casa adquirida polo Concello de Antas de Ulla, en Santa Mariña, que leva unha década de abandono con parches e sen solución”. E a segunda pregunta, está relacionada co prazo de presentación das contas do 2019, “xa que comprobamos un ano máis que a Comisión Especial de Contas non se convocou no prazo previsto que marca a propia normativa”. Este procedemento recolle que ten que estar informada pola intervención municipal e someterse ao informe da Comisión Especial de Contas antes do 1 de xuño do exercicio inmediatamente seguinte.

Así as cousas, afirman que  “con esta actitude o equipo de Javier Varela o único que pretende é fuxir do debate sobre os temas que de verdade afectan á nosa veciñanza como é a xestión do noso Concello. Por iso queremos anunciar que vamos a seguir traballando e propoñendo iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida e o benestar dos nosos veciños e veciñas”, din.