Skip to main content
Becerreá

O PSOE de Becerreá demanda máis prazas de aparcadoiro na vila

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

A Agrupación Socialista de Becerreá anunciou que rexistrou unha moción no Concello, coa que demanda crear unha praza de estacionamento fronte a cada farmacia da vila, así coma no PAC. “Hai que lembrar que o pasado xoves día 10 de xuño, celebramos pleno, pero o Alcalde non lle pareceu convinte nin necesario o debate desta iniciativa, xa que esta petición non foi incluída na orde do día” defenderon os socialistas. Así pois, engadiron “este é o interese que amosa o Goberno de Becerreá para solventar os problemas das nosas veciñas e veciños”.

Dende a Agrupación Socialista argumentan que presentaron esta proposta “xa que comprobamos diariamente como se crean problemas de circulación e aparcamento fronte as farmacias e no centro de saúde, e que ademais coinciden cos momentos de afluencia a estes establecementos”.

Polo tanto o obxectivo desta proposta “é dotar de estacionamento expíes ás farmacias e centro de saúde para mellorar a seguridade vial e evitar o aparcamento en dobre fila que obstaculiza a circulación e as molestias o resto de condutores e peóns”, sinalan. 

En moitos casos, os pacientes necesitan axilizar a entrada o centro médico e a compra de medicamentos dada a súa situación e tendo en conta que a maioría dos veciños van en coche as farmacias e o PAC, atopándose sempre con dificultades para estacionar, cando moitos deles, sufran algún tipo de limitación para acceder a estes establecementos.

Dende o PsdeG de Becerreá remarcan ademais que “o custe deste servizo para o usuario sería de cero euros, e para o Concello tampouco sería moi elevado, xa que só consistiría nunha sinal vertical indicando o aparcamento reservado cun indicación temporal máxima entre 5 e 10 minutos, así como unha sinalización horizontal na estrada facendo alusión ao aparcadoiro”.