Skip to main content
Becerreá

Tarde de maxia en Becerreá no día de San Xoán

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

A ANPA do CEIP San Xoán organiza, a través da financiación do Concello de Becerreá, unha actuación de maxia que vai dirixida a todas as familias da zona. O día no que se levará a cabo é no día de San Xoán, o 24 de xuño, ás 18 horas na carballeira.

O obxecto deste espectáculo é celebrar o día de San Xoán dunha maneira diferente para que os nenos e nenas da vila vivan un día cheo de maxia e ilusión grazas ao mago Teto.

Realizarase, ademais, a entrega de premios do concurso de fotografía para completar unha tarde amena e lúdica para os máis pequenos. Dende a organización invitan a veciños e veciñas a participar e recordan que se levarán a cabo todas as limitacións sanitarias vixentes.