Skip to main content
Castroverde

Xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro en Castroverde

Por 6 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde acolle o vindeiro venres día 2 de xullo a xornada formativa Loita contra doenzas do castiñeiro. O evento será impartido polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, de Ourense e levarase a cabo no salón de plenos do Concello de Castroverde.

O horario no que se desenvolverá o curso será de 10:30 a 14:00 horas e realizarase unha parte teórica e unha parte práctica. Para poder levar a cabo a xornada terá que haber un mínimo de 15 alumnos inscritos.

Así pois, as inscricións pódense facer ata o día 25 de xuño nas oficinas do Concello de Castroverde. Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar a páxina web do concello ou acudir as oficinas.