Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acolle campamentos de verán en xullo e agosto

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

A Fonsagrada oferta un campamento de verán durante os meses de xullo e agosto. Así pois, dende o Concello animan a todos os nenos e nenas interesados a participar nun campamento no que primará a diversión acompañada sempre coa aprendizaxe de valores educativos.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e realizarase de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Dende o Concello informan que os nenos e nenas censados no Concello da Fonsagrada terán prioridade de admisión frente a outros que non o estean.

Realizarase en diferentes datas entre as que se poderá elexir. A primeira opción é entre os días 19 e 30 de xullo e terá un custo de 50 euros, a segunda opción é do 2 ao 13 de agosto que terá un custo de 50 euros e, a última opción, será do 19 de xullo ao 13 de agosto e custará 100 euros. As prazas que se ofertan son 20 por quincena.

As familias numerosas contarán cunha bonificación do 50% e o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 30 de xuño. Para máis información, pódese contactar no 982 340 504.