Skip to main content
A Fonsagrada

Xornada sobre violencia de xénero na Fonsagrada

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

A Fonsagrada acolle o vindeiro martes 29 de xuño ás 17 horas no salón de actos dos Chaos, unha xornada sobre a violencia de xénero chamada Señales e recursos para a cidadanía. 

A actividade estará impartida por Pilar Portal, experta en prevención e Paloma Becerra, avogada especializada en violencia de xénero.

Dende o Concello animan a participar nestas xornadas nas que se cumplirán as medidas sanitarias correspondentes e onde se tratará un tema que afecta á sociedade. Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co Concello da Fonsagrada.