Skip to main content
A Fonsagrada

Denuncian a construción dun polígono enriba do Camiño de Santiago na Fonsagrada

Por 1 Xuño, 2021Xuño 2nd, 2021Sin comentarios

A organización ecoloxista alerta de que o plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia e o Goberno Municipal, sitúa o desenvolvemento do polígono industrial na marxe dereita da estrada Fonsagrada-Lugo na parroquia de Padrón, onde se invaden as distintas zonas por onde discorre o Camiño de Santiago .   

O polígono industrial da Fonsagrada está situado dentro do ámbito delimitado do Camiño de Santiago, aprobado no decreto 267/2012 do 5 de decembro e, cuxa delimitación ten por obxecto a protección da paisaxe inmediata ao camiño e as vistas sobre a paisaxe máis afastada. O criterio utilizado por esta norma é a necesidade de protexer os elementos vinculados ao camiño e a súa contorna máis próxima como son os noiros, bosques, prados e construcións tradicionais. Dándose ademais a circunstancia de que a ambas as marxes do posible futuro polígono discorren dous regatos.  

Sinalan que de levarse a cabo suporía un dano irreparable a un ben que é Patrimonio da Humanidade. Critican a idoneidade dun investimento público deste importe neste lugar e neste momento cando, precisamente nos últimos 10 anos, a disminución da actividade industrial foi considerable deixando valeiros numersos parques industriais. 

Ecoloxistas en Acción solicita ás institucións implicadas que non sigan cun proxecto que suporía a degradación deste tramo do camiño primitivo e unha perda do patrimonio cultural e paisaxístico que afectaría aos veciños, visitantes e peregrinos de hoxe e vindeiros.