Skip to main content
GuntínSarria

Sarria e Guntín adhírense ao proxecto Concellos Emprendedores

Por 19 Xuño, 2021Xuño 21st, 2021Sin comentarios

Sarria e Guntín xa son Concellos Emprendedores, sumando un total de 21 municipios da provincia de Lugo. Con esta distinción súmanse ao obxectivo de poñer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e, polo tanto, ofrecer máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais.

O principal obxectivo desta iniciativa é trasladar confianza e seguridade xurídica ao tecido económico e, nese sentido, cómpre sinalar que, como novidade, a lei fixa un prazo de tres meses para a emisión de informes e amplía os supostos de iniciativas empresariais prioritarias.

Estase a dar prioridade aos concellos adheridos a esta iniciativa en diversas liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. Para iso, establécese nestas axudas, que están a ser convocadas en réxime de concorrencia competitiva, un criterio específico.

Os Concellos Emprendedores, pola súa banda, comprométense a ofrecer ás empresas que mostren interese por instalarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa. Os maiores incentivos fiscais por parte dos concellos para favorecer a chegada de novas empresas suporán unha bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes. Deste xeito, a colaboración entre as administracións públicas permite avanzar cara a unha Galicia máis competitiva.