Skip to main content
Lugo

Lugo acolle en xullo e agosto actividades para persoas maiores

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

Lugo móvese cos maiores é unha iniciativa contemplada no programa municipal de animación sociocultural, onde se levan a cabo actividades pensadas para atender demandas e necesidades, tanto físicas como emocionais deste colectivo adulto.  

As rutas guiadas polo rural, catro en total, terán lugar todos os venres cada 15 días. O punto de encontro será desde a Praza Bretaña e sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en cada momento. Para poder participar é preciso unha inscrición previa que se poderá realizar do 5 ao 7 de xullo presencialmente no Centro Maruja Mallo ou a través o  correo animacion.sociocultural@lugo.gal.  

As rutas desenvolveranse nos seguintes días: o día 9 de xullo farase unha andaina pola vía Küning, no Corgo; o día 23 de xullo realizarase polo Camiño Primitivo de Lugo; o día 6 de agosto será polo Camiño Primitivo de Castroverde e, finalmente, o 20 de agosto a camiñata será polo Vello Lugo Agrario.

Repiten as rutas guiadas pola cidade, catro en total, que se desenvolverán todos os venres cada 15  días, todas con saída desde a Praza Maior e sempre baixo as restriccións sanitarias en vigor en  cada momento. A duración de cada unha delas será dunha hora e media. Así pois, comezarase o 16 de xuño nunha ruta que contemplará o Lugo Romano. A continuación, o día 30 de xullo será o turno do Lugo episcopal e conventual, o 13 de agosto realizarase o Lugo dos pazos e das casas señoriais e, para rematar, o día 27 de agosto será o Lugo histórico.

En canto as actividades de ximnasia nas prazas impartiranse os luns e mércores na praza das Illas de Montirón, na praza da Milagrosa, no parque da Milagrosa, na praciña da Igrexa (Sagrado Corazón) e na praza Roxa (Fingoi). Os martes e os xoves, pola contra, as ubicacións serán: a praza Maior (Centro), a praza do Castiñeiro (Lamas de Prado), a praza de Viana do Castelo (Piringalla)  e augas Férreas (Próxima á zona universitaria).