Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Breogán precisa unha vitoria este xoves

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

O CB Breogán necesita unha victoria este xoves no Pazo dos Deportes para poder empatar a eliminatoria e ter outra oportunidade para lograr o ascenso á liga ACB na pista do Covirán Granada.

O equipo lucense caeu derrotado o pasado sábado contra o Covirán Granada por 67-53, nun partido con erros no que non se puido sacar a ansiada vitoria. Así pois, para poder continuar co soño de voltar á liga ACB o Breo ten que gañar o encontro que se levará a cabo ás 20:30 horas do xoves.

No caso de que os lucenses consigan o triunfo, haberá un terceiro partido o próximo domingo ás 19:00 horas no Palacio Municipal de Granada onde se decidirá o equipo que xogará a vindeira tempada na liga ACB.