Skip to main content
Lugo

Abren os prazos de matriculación no conservatorio de música de Lugo

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

O conservatorio profesional de música Xoán Montes de Lugo xa publicou os prazos de matrícula do mes de xuño. En alumnos oficiais con avaliación positiva en todas as materias na convocatoria de xuño, os días para a matriculación son do 9 de xuño ao 8 de xullo (ambos inclusive).

No caso de alumnos de novo acceso, os procedentes de outros centros que non tiveron que realizar probas de acceso, as datas serán as mesmas que no caso anterior: do 9 de xuño ata ao 8 de xullo (ámbos os dous inclusive). No caso dos alumnos que obtiveron praza na proba de acceso a 1º grao profesional e elemental teñen dende o 17 de xuño ata o 8 de xullo para inscribirse.

Por outro lado, os alumnos que obtiveron praza na 2ª volta na proba de acceso a 1º de Grao Elemental, terán de prazo dende o 22 de xuño ata o 8 de xullo (ámbos os dous inclusive).