Skip to main content
Lugo

Cidadáns insta a iniciar o proceso de municipalización do servizo de guindastre

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá no próximo pleno iniciar o expediente de municipalización do servizo de guindastre. Así mesmo, Louzao aposta por crear a comisión de estudo como está previsto na normativa, para que proceda a elaboración dunha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros na que deberá determinarse a forma de xestión, entre as previstas pola Lei.

“Dado que o compromiso do Goberno local era avanzar na municipalización deste servizo, e tendo en conta, ademais, que hoxe é socio do goberno quen propuxo xa no 2015 o inicio da mesma. Desde o grupo municipal de Cs Lugo consideramos que é o momento de iniciar o expediente de municipalización deste servizo sen demora, para que en 2022 se así de dictamina no citado expediente, este servizo poida ser prestado directamente por esta administración”, sinalou a concelleira de formación laranxa.

“A situación do servizo de guindastre é un dos moitos que se atopan sobredimensionado e que supón un gasto excesivo para as arcas municipais segundo sinalou no seu momento a Intervención municipal. Sen embargo desde o ano 2016 non se deu nin un só paso para solucionar esta situación”, proseguiu a concelleira.

Trátase dun problema que se remonta a chegada de Méndez á Alcaldía. A piques de rematar a concesión do servizo de retirada de vehículos da vía pública e posterior traslado ao depósito, en setembro de 2015, a anterior Corporación aprobou unha moción promovida polo BNG relativa á súa, contrato que finalizaba o 30 de novembro de 2015.

“Os argumentos esgrimidos no seu momento e amplamente compartidos por todos os grupos eran o déficit económico que esta concesión lle estaba a supoñer a esta administración local. O grupo propoñente defendía que era o momento de iniciar os pasos para devolverlle a este concello a xestión pública deste servizo. Proposta que contou coa aprobación de toda a corporación agás do partido socialista. E isto a pesar de ser un  servizo moi cuestionado e incluso citado pola Intervención Xeral Municipal na aprobación das facturas, reiterando constantemente a necesidade da adecuación entre a prestación  e a dimensión do mesmo”, sinalou Louzao.

“O mandato proseguiu sen que se movera un dedo para cumprir o compromiso do pleno. Na Xunta de Goberno celebrada o 27 de novembro de 2019, xa neste mandato, adxudícaselle o contrato á empresa Setex Aparki SA, por un importe anual total de 465.000,34 euros cunha duración dun ano, con posibilidade de prórroga, sen que poida exceder de 2 anos. Dito contrato iniciouse o 1 de marzo de 2020. Finalmente o pasado 24 de abril aprobouse a prórroga do contrato ata o 28 de febreiro de 2022. Polo que agora é o momento idóneo para comezar dunha vez co proxecto de remunicipalizaicón deste servizo como así esta comprometido”, concluíu.