Skip to main content
Lugo

O persoal de Ingapan convoca unha concentración no Ceao

Por 18 Xuño, 2021Sin comentarios

Mañá sábado 19 de xuño ás 11.00 horas, a Cig de Lugo convoca a todos os traballadores e traballadoras de Ingapan para levar a cabo unha concentración diante da sede social da empresa no Ceao (fábrica 1 – rúa Agricultura, nº 52).

O obxectivo deste acto é, según a confederación, trasladarlle á empresa o malestar do persoal afectado polas modificacións unilaterias que impón constantemente a empresa dende o cambio de titularidade e que son un ataque ás melloras e condicións da totalidade da plantilla.

Por esta razón, fan un chamamento a todo o persoal de Ingapan para “axudar ó comité e ó conxunto do persoal para traballar na mellora e evitación das diferenzas que hai na empresa”.