Skip to main content
Lugo

O persoal de Ingapan denuncia cunha concentración a súa situación laboral

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

A CIG informa que na xornada de hoxe ás 11.00 horas realizouse unha concentración do persoal de Ingapan diante da súa sede central no Polígono Industrial de O Ceao Rúa Agricultura, “unha protesta diante da campaña da empresa para favorecer os recortes e a precariedade deste persoal”. 

A empresa Ingapan actualmente atópase integrada dentro do Grupo Europastry (lider no sector de masas conxeladas), conformada na nosa provincia por 6 centros de traballo, Fábrica 1, Fábrica 2, Koama, Chousa, Outeiro de Rei e Begonte, cunha plantilla superior ás 400 persoas. 

Dende a CIG informan que “dende o ano pasado, o recente comité de empresa, con maioría da CIG, ven reiterando a necesidade de evitar diferencias económicas entre os distintos centros de traballo, evitar os intentos de recortes e conxelacións dos salarios do persoal, en definitiva velar polos dereitos do noso persoal. Nesta operativa temos que engadir a relativamente recente entrada do grupo Europastry (comezos 2020) que ven a introducir elementos de incertidume, a xeito de exemplo, dende a subrogación do persoal, deixou de asumir dereitos recoñecidos do persoal como a cesta de nadal e véñense enfrentando distintos conflictos respecto da aplicación de conceptos económicos, estes precedentes veñen a precipitar a concentración de hoxe”. 

Así mesmo, tamén engaden que dende o comité se organizaron recentemente asembleas de consulta ó persoal “para analizar a estratexia a levar adiante fronte os ataques da empresa ó seu persoal, concretados a día de hoxe na conxelación dos salarios, nas desigualdades económicas entre distintos centros de traballo e na búsqueda de subterfuxios que afecten de xeito paulatino á totalidade do persoal, percibindo a situación de descontento”. Por esta razón, o comité decidiu encamiñar a vía da loita sindical para que a empresa recapacite e sente para enfrontar a actual situación, nun contexto, dende o punto de vista productivo, aceptable

Dende a CIG animan ó persoal na loita e defensa dos seus dereitos, así como apoiar con toda a forza ao persoal de Ingapan