Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Derrota e fin do soño de 2ª división B

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

O Lugo Sala caeu derrotado na final da fase de ascenso a 2ª división B contra o Ies Coruxo (3-6). O día de onte foi realmente especial para os seguidores de baloncesto que recordarán o retorno do equipo á máxima categoría do baloncesto nacional sen embargo, o día non foi tan reconfortante para os seguidores de fútbol sala e, máis concretamente, do Lugo Sala.

O equipo lucense xogábase o ascenso á categoría de bronce do fútbol sala nacional no Palacio dos deportes de Riazor contra o Ies Coruxo. O encontro non puido comezar de mellor maneira para o cadro de Lugo que anotou o primeiro gol antes de cumprir os dous primeiros minutos. O Lugo Sala comezou máis metido no partido e con máis intensidade sen embargo, o equipo vigués foi de menos a máis nun partido no que os erros se pagaron caros e, así foi; en seis minutos, o Coruxo meteu catro goles deixando o marcador cun 1-4 no minuto 16. As sensacións na pista tampouco eran boas, os balóns non entraban e Toni, gardameta do Coruxo, realizou varias paradas clave no encontro.

A segunda parte do partido estivo caracterizada pola defensa en media pista do equipo vigués que saía ás contras en canto roubaba balón e polo ataque de cinco do Lugo Sala no que non conseguiu materializar as ocasións.

Remata así unha tempada atípica pero con aprendizaxe, na que o equipo lucense logrou chegar á fase de ascenso despois de gañar a primeira fase da liga regular e tras derrotar na fase de ascenso a equipos coma o ADFS Bueu e o Noia FS Portus Apostoli B.