Skip to main content
Lugo

Os empregados de Caixabank convocan unha concentración en Lugo

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

Os empregados e empregadas de Caixabank organizan unha concentración no día de mañá en Lugo ás 11 horas na que defenden que “hai que deter esta destrucción de emprego que vai ter un impacto moi negativo na economía”. Así mesmo, organizaranse tamén concentracións na Coruña e en Vigo no mesmo día, entre as 11 e as 12 horas.

Dende CC.OO. destacan que “se realizaron grandes esforzos e necesitáronse semanas de negociacións para chegar a un acordo antes de que expire o prazo dado pola compañía para executar o ERE en Caixabank; o máis grande do sector financeiro e, lamentablemente, o máis grande na historia da banca neste país e, con todo, a compañía non está disposta a ceder”.

Así pois, dende CC.OO. engaden que CaixaBank continúa enrroscada con “despedimentos inevitables, que no caso de Lugo afectan a case un 20% do persoal actual o que obriga aos empresarios de CaixaBank a convocar unha folga, ademais dunha concentración en defensa dos seus postos de traballo e das condicións que a empresa quere dinamitar”.

Ademais sinalan que os clientes de Caixabank tamén sufrirán as consecuencias destes despedimentos, “xa que supoñerán o peche de moitas oficinas e menos persoal de atención ao cliente, aínda que Caixabank responde que se trata dun axuste para a dixitalización do sector financeiro, sen ter en conta o envellecemento”.

Dende o sindicato denuncian esta situación e animan a todos e todas as que queiran a participar na concentración que se levará a cabo frente á Subdelegación do Goberno.