Skip to main content
Lugo

Unhas xornadas para fomentar un Lugo diverso, libre e igualitario

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

Xa se anunciou a programación con motivo do Orgullo LGTBIQA+ que se levará a cabo durante o mes de xuño. Serán 5 días de actividades lúdicas, de sensibilización e de reivindicación a través da danza, música, cine, contacontos, unha exposición gráfica e unha mesa redonda, entre outras accións.  

Con esta iniciativa, búscase facer partícipe á veciñanza na construcción de Lugo como cidade diversa, libre e igualitaria.  

O comezo deste evento será o 24 de xuño ás 18.00 horas nos xardíns da Muralla (entre a porta de San Fernando e a porta Nova) cun arranxo floral composto por flores de tempada das 6 cores que conforman a bandeira LGTBIQA+.  

O venres, de 17.30h a 19.30h, realizarase un obradoiro no que se ofrecerán diferentes técnicas para a elaboración de deseños e consignas contra a LGTBIFOBIA. Todas as propostas fomentarán a parte máis creativa das persoas participantes dun xeito dinámico e todos os asistentes recibirán un lote individual de materiais.  

Ás 20.30 o colectivo Agrocuir da Ulloa dará o pregón na carpa instalada na explanada do pavillón provincial e seguidamente, os asistentes gozarán dunha sesión musical con DJ Frisco e Marcos Peón.  

O sábado 26 de xuño, ás 18.00 horas, o colectivo ALAS de Lugo coordinará a mesa redonda, A importancia da educación e tolerancia LGTBI no ensino na que participarán os psicólogos Noelia Pastor Peño e Adrián Rodríguez López ademais de membros de ALAS. Ás 19.30 horas proxectarase o documental Noite Irisada, un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia, que foi nomeado aos Premios Mestre Mateo do ano 2020 e está dirixido pola viguesa Bea Vázquez Campaña.  

O domingo inaugurase a exposición Universos Diversos, da ilustradora Laura Tova, coordinada por aQde, que reúne unha serie de obras que tratan como tema central a liberdade de ser,  facendo esta alegoría a través do protagonismo das personaxes fusionando as mesmas sempre con elementos naturais. En total serán 10 obras, das que 3 son pezas cerámicas. Ás 12.30 horas os máis pequenos poderán gozar dun espectáculo infantil, sobre a diversidade Os contos da tía Ramira, guiado por Raquel Cendán. E xa en sesión de tarde ás 20.30 horas Las Antonias  protagonizarán un concerto ao ritmo dunha escena de risa obscena.  

Para finalizar a programación, o luns terá lugar un acto institucional diante da Casa Consistorial, que inclúe a lectura dun manifesto, o izado da  bandeira e finalizará cunha solta de globos biodegradables.  

I Maratón de Fotografía Orgullo LGTBIQA+ 2021  

O I Maratón de fotografía, coincidirá coa celebración da programación. As fotografías presentadas terán que ser realizadas durante a celebración das distintas actividades que compoñen a programación de dita conmemoración