Skip to main content
Lugo

Arroxo presenta as novas liñas de autobús á asociación de xubilados de Lugo

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para presentar as novas liñas de transporte urbano.

Arroxo explicou que “as novas liñas melloran as conexións nas distintas zonas da cidade, aumentando as frecuencias e as zonas ás que chega o bus, ao que se une a posibilidade de facer transbordo con pouco tempo de espera, o que facilita chegar en bus urbano a todas as zonas da cidade”.

Desde a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, o presidente Julio Méndez valorou positivamente os cambios realizados no transporte público. Desde a asociación destacan a mellora no que supuxo para a veciñanza o novo modelo de transporte.

Desde a área de mobilidade do Concello de Lugo estase a colaborar con esta asociación na promoción do uso da Tarxeta Cidadá. Rubén Arroxo lembrou que “a tarxeta permite aforrar ata un 50% no prezo do transporte urbano, e aproveitar as distintas bonificacións para pensionistas, estudantes, persoas con discapacidade ou persoas desempregadas”, e afirmou que “Lugo ten o transporte público máis barato do estado para as persoas xubiladas, cun custe de 31 céntimos por billete, e só 10 céntimos no transbordo”.