Skip to main content
Lugo

Adxudicados máis de 10.000 metros cadrados de solo empresarial nas Gándaras

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

Adxudicados preto de 42.000 metros cadrados de solo empresarial distribuídos en 14 parcelas emprazadas en cinco parques promovidos pola empresa pública Xestur: Carballo, Santiago de Compostela, Arteixo, Lugo e Cervo. O prezo de venda das parcelas supera os 3 millóns de euros despois de aplicar unha bonificación de máis de 1,8 millóns de euros.

No caso de Lugo adxudicouse a unha firma de loxística e transportes no parque das Gándaras unha superficie de 10.252 metros cadrados. Así mesmo, a bonificación aplicada ao prezo de venda é de 486.970 euros.

No que vai de ano o Goberno autonómico xa adxudicou máis de 108.000 metros cadrados de solo empresarial nos parques da súa titularidade, con bonificacións por un importe de máis de 4,48 millóns de euros.

Estas bonificacións son do 50% en todos os parques das provincia de Lugo e Ourense ademais dos emprazados en Ferrolterra, Costa da Morte e fronteira con Portugal. No resto de parques empresariais a bonificación é do 30% sobre o prezo de venda das parcelas.