Skip to main content
Lugo

Cidadáns pide transparencia sobre o impacto da planta de biogás das Gándaras

Por 24 Xuño, 2021Sin comentarios

Cidadáns esixirá ao Goberno local que determine o impacto da planta de biogás prevista no novo contrato de lixo. “O futuro contrato de recollida de lixo prevé a construcción dunha planta de biogás por parte da futura concesionaria. Sen embargo, esta é a única información que temos ao respecto de esta instalación, cuxas características supoñen un impacto medioambiental de repercusión considerable. Cal será o fin desta instalación? Que producción de enerxía está prevista e a que se destinará devandita enerxía? Son preguntas que non teñen respostas por parte do executivo de Lara Méndez é que a veciñanza de Lugo merece saber, sobre todo os empresarios do polígono e as zonas residenciais potencialmente afectadas”, sinalou Vidal-Pardo.

“A producción de biogás levase a cabo a través de fermentación de materia orgánica. Este proceso de fermentación xera malos cheiros que están a causar problemas en municipios ao longo de todo o país, como son o caso de Madrid e Asturias. Non é un tema menor. Os empresarios do polígono das Gándaras e os veciños e veciñas das zonas colindantes deben están informados do impacto medioambiental que esta planta terá na súa contorna”, advertiu a concelleira quen considera que se está a infravalorar o impacto desta instalación na cidade. “Os episodios de malos cheiros poden ser constantes en outras zonas en función dos ventos”, sinalou o edil da formación laranxa.

Información, transparencia e garantías medioambientais

O concelleiro pediu a Fernández información para a cidadanía, transparencia e as máximas garantías medioambientais na execución do proxecto, algo que neste momento non está garantido posto que non están definidos os pormenores do proxecto segundo indicou o propio edil en comisión.

“O Concello non pode agochar este proxecto hasta que xa sexa unha realidade. Necesitamos garantías. E sobre todo, necesitamos saber de que xeito supervisará o Concello a construcción da planta e que garantías ten de que a futura concesionaria investirá todos os recursos económicos necesarios para impedir que o impacto desta actividade afecte á poboación en forma de malos cheiros ou de calquera outro xeito. Existen moitas lagoas que deben ser solucionadas de forma inmediata. O Goberno esta actuando mal neste asunto e pode volverse na súa contra”, concluíu.