Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo femenino cae na final do play off de ascenso

Por 28 Xuño, 2021Sin comentarios

O CD Lugo femenino caeu derrotado na final da fase de ascenso a liga nacional contra o SD Villestro (2-1) no día de onte. A pesar de que o equipo lugués acadou o terceiro posto na clasificación da primeira fase da liga regular, puido disputar a fase de play off de ascenso xa que tanto o Friol B -primeiro clasificado- como o Orzán SD -segundo clasificado- teñen ao seu primeiro equipo na liga superior, polo que non poden ascender.

Esta última fase de play off disputouse o pasado fin de semana; o sábado xogáronse as semifinais e o domingo pola tarde xogouse a final en Silleda. O CD Lugo, por un lado, disputou a semifinal no campo de fútbol da Cheda, onde gañou 2-1 ao SD Antas nun partido competido no que ambos equipos foron semellantes no seu xogo. Pola súa parte, o Villestro logrou unha vitoria máis contundente por 2 goles a 0 para chegar á final definitiva.

Na final do play off, o Villestro púxolle as cousas complicadas en todo momento ao equipo lucense. As de Santiago adiantáronse no minuto 43 por medio de Aurora Alvarellos e a vantaxa aumentou no minuto 54 para deixar a eliminatoria practicamente pechada. O CD Lugo conseguiu recortar distancias no minuto 80, sen embargo, non puido empatar a eliminatoria quedando, desta maneira, na mesma liga galega.