Skip to main content
Lugo

Reclaman unha maior conexión por transporte público en Albeiros

Por 1 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende a Asociación de Veciños San Lorenzo de Albeiros na capital lucense móstrase preocupación polo feito de que o barrio estea completamente abandonado para os plans da Concellería de Movilidad do Concello de Lugo.

Na actualidade o barrio lucense de Albeiros non dispón de conexión directa por transporte urbano co Hospital Universitario Lucus Augusti, sendo, ademais, un dos poucos barrios da capital  lucense con esta carencia -mentres outros barrios contan con 2 liñas de autobús urbano ao complexo hospitalario da nosa cidade-.

Desde a Asociación de Veciños San Lorenzo de Albeiros sinalan que “non entendemos o abandono que os veciños estamos a sufrir por parte da mencionada Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo, e solicitamos aos titulares da mesma que se reúnan con quen son usuarios –como pacientes- do HULA e non dispoñemos de ningunha alternativa de transporte urbano para desprazarnos ata alí”.

Solicitan, por esta razón, a creación dunha liña de autobús urbano directo ao Hospital Universitario Lucus Augusti dende o barrio de Albeiros.