Skip to main content
Lugo

Comeza a colocación do mobiliario de Quiroga Ballesteros

Por 1 Xuño, 2021Sin comentarios

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rúa Quiroga Ballesteros, onde se está xa a colocar o novo mobiliario urbano, unha vez finalizados os traballos de pavimentación. Arroxo afirmou que “desde o Goberno de Lugo melloramos unha zona histórica do centro, gañando todas as veciñas e veciños un importante espazo peonil”. Segundo Arroxo, “estamos a falar dunha das zonas máis importantes da cidade, onde se localizan instalacións históricas como a Praza de Abastos e o Mercado Municipal”.

Rubén Arroxo agradeceu “a colaboración da veciñanza e das comerciantes da zona polas molestias que ocasionan este tipo de actuacións, especialmente nas primeiras fases”, e destacou tamén “a disposición da empresa e das traballadoras e traballadores para levar adiante este proxecto co mellor ritmo posíbel, tratando de reducir ao máximo as molestias ocasionadas”.

Os traballos realizados na rúa incluíron a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros, xunto co o mobiliario urbano para a nova rúa peonil que se está a instalar actualmente.

Arroxo lembrou que “o proxecto ampliouse para mellorar tamén a estética da parte baixa de Santo Domingo”. Nesta rúa, actuouse no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado, gañando uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación.