Skip to main content
Lugo

Comezan os traballos de peonalización da Mosqueira

Por 2 Xuño, 2021Xuño 3rd, 2021Sin comentarios

A peonalización da Mosqueira adxudicada á empresa Hermanos Pico Yañez, presentou un orzamento de 588.836€ e os traballos terán un prazo de realización de 8 meses. A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

Durante a noite pasada, púxose en marcha a modificación de tráfico na contorna da Mosqueira xunto co cambio da sinalización horizontal. Arroxo destacou que “este cambio permitirá gañar sobre 100 prazas de estacionamento próximas ao centro”.

Os cambios de tráfico entraron en funcionamento a mañá do 1 de xuño, afectando á praza Xaquín Lorenzo Xocas, e os seus entronques con Rodríguez Mourelo e rúa Vilalba, ademais da avenida Ramón Ferreiro, Salvador de Madariaga, praza de Bretaña, rúa Dinán, rúa Galiza, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Aviador Parga Cerezo, rúa Cidade de Vigo, praza da Constitución, rúa Anxo López Pérez, rúa Hermanitas e rúa San Roque.

O Tenente Alcalde afirmou que “malia que á primeira hora da mañá atopamos as retencións habituais tendo en conta a magnitude dos cambios, agora mesmo o tráfico está a circular de xeito fluído, cumprindo coas previsións calculadas durante a realización do plan de tráfico”.

Cambios de tráfico

O cruce entre a rúa Vilalba e Ramón Ferreiro pasou a ter unha rotonda permitindo continuar por Ramón Ferreiro ou Rodríguez Mourelo, mentres que a avenida alcalde Anxo López Pérez cambiou de sentido. Para continuar cara a San Roque, o novo percorrido pasa por Salvador de Madariaga, que cambiou de sentido, continuando pola praza de Bretaña e a Rúa Dinán, onde se pode coller cara a rúa das Hermanitas, que leva a San Roque ou á rúa Cidade de Vigo, que vén de cambiar tamén de sentido para comunicar co aparcadoiro disuasorio do Seminario Menor.