Skip to main content
Lugo

Xornada de voluntariado ambiental na contorna do río Miño

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

Este domingo, día 6 de xuño, organízase unha xornada de voluntariado ambiental que terá lugar na contorna do Río Miño.  

A actividade, dirixida a todos os públicos, será secundada por diversas asociacións e levarase a cabo en diferentes quendas entre as 10:00 a 12:00 horas e entre as 12:00 e as 14:00 horas. Así pois, está organizada pola empresa de material deportivo Decathlon e conta coa colaboración do Concello de Lugo.

Esta é a sexta xornada de voluntariado que se realiza e, para participar na actividade é preciso inscribirse gratuitamente a través da páxina web www.ex perienciadeportivadecathlon.es xa que as prazas son limitadas.

O punto de encontro será no paseo do Miño á altura das Saamasas.