Skip to main content
Lugo

O evento Urban Cores nace para achegar a arte urbana á mocidade

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

As áreas de Xuventude e Benestar Social aúnan forzas para desenvolver o Urban Cores, un evento que nace co propósito de achegar a arte urbana e contemporánea á mocidade en risco de exclusión social.  

Con esta cita, que nace con vocación de celebrarse anualmente, preténdese que a arte urbana e contemporánea non só sexa unha ferramenta para embelecer a cidade coa decoración de fachadas e medianeiras, senón que se utilice como un recurso lúdico formativo dirixido á xuventude máis desfavorecida. E farase, ademais, das mans dos mellores artistas de Lugo e Galicia.  

Por iso, programaranse actividades e talleres de graffiti orientados á mocidade. Así pois, explicouse que serán os servizos sociais municipais os que  derivarán a un total de 15 mozos e mozas a estes obradoiros, nos que poderán compartir experiencias cos artistas invitados e, coincidindo co evento de peche, poderán participar nas obras, e observar as distintas técnicas e enfoques de cada artista.  

Deste xeito, Lugo únese a tendencia doutras cidades que modernizan o aspecto visual do seu paisaxe urbanístico ao integrar coloridos graffitis, e neste caso tamén cun compoñenente máis social. A presentación deste proxecto desenvolveuse na Casa da Xuventude, coa realización da primeira obra nas mesmas instalacións.  

O primeiro Urban Cores terá lugar entre xuño e xullo, e nel contarase cunha representación das e dos artistas máis puxantes de Lugo e Galicia. Concretamente, nesta primeira edición participarán os lucenses Diego AS, campión de España de Graffiti e Concepto Circo, que surxe en 2007  como a unión de varios artistas provintes do mundo do graffiti que deciden sumar experiencias para potenciar as súas capacidades.  

Na actualidade, acumulan máis de dúas décadas como muralistas pintado graffitis nos festivais máis prestixiosos, tanto nacionais como Europeos; colaborando con artistas de recoñecido prestixio e traballando para marcas, institucións públicas, pemes e particulares. Como artista invitado, este evento contará con Dadospuntocero (Da2.0), que comezou no ano 2020 nos mundos do spray como un hobby convertíndose a día de hoxe nun dos graffiteiros de León que máis tempo leva no muralismo, e facendo da súa aficción unha profesión. Intervirán na Casa da Xuventude, nas Casas Sindicais, na Avenida Infanta Elena e na rúa do Esquecemento, ubicación que acollerá o peche final, no que estarán presentes Noemí Núñez, Natalia Pia, Coitelo, Mosca e Nesui.